Voulles contar unha historia
Duns amores desgraciados
El un mocio valente
Garrido, viril e lanzal
Tomou amores con Rosa
Rapaza bonita e formal
Paxario da abeleira
Debes levar un mandado
E dicir a mia Rosa
Que non estou namorado
O paxaro que pequeno
Leva as palabras de dor
Colle a carta no peteiro
E comeza o seu voo
Entregou a carta a Rosa
Que traia dende Paris
Se ti a min non me queres
Eu tampouco che quero a ti
Podes buscar unha moza,
Outro amor vive por min

Comments